O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS


Autor: Marcos Calveiro.


Auvers é unha vila tranquila que queda preto de París. Alí chega un rapaz, por circunstancias familiares, sen saber que a súa vida vai cambiar moito en pouco tempo grazas a Vincent, un pintor do que se fai amigo, de Adeline, unha rapaza da que se namora, ...

        
                  *******
Esta obra obtivo o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009.
Título: O pintor do sombreiro de malvas.

Editorial Xerais, 174 páxinas.












"-A noite está moito máis viva. Nela vense mellor as cores que polo día-dixérame Vincent.
Adeline e máis eu, sentados no chan, moi preto o un do outro, contemplabamos como pintaba baixo o luar da madrugada. Levaba unha pequena candea prendida sobre a aba do seu chapeu de palla e colocara outras dúas máis grandes no cabalete, alumeando o lenzo, sobre o que ceibaba pinceladas coa mesma fogaxe de sempre". (Páx.55).




Sem comentários:

Enviar um comentário